A paxina web do automovilismo Galego .


 

 
Dende a Cuneta !!!!! Por: Aitor Coto

Antes de comezar quero agradecerlle a Anilla Racing a oportunidade que me brinda, e en especial o meu amigo Anxo Silva.
Venres tarde, dirección Lalín. Levabamos asimilado que iamos ter un fin de semana pasado por auga e mollarnos, pero atopámonos coa sorpresa de que a penas caeron catro gotas.
Oito e media da tarde: comeza o tramo urbano, puntual, como nos teñen acostumados a xente de Lalín Deza. Houbo moita xente que me impresionou, sabía que andaban, pero cada vez que os vexo en acción, déixanme impresionado; entre eles destacaría a David González Gil, Ramiro González (impresionante como vai este home), Adrián Díaz (que cada día está máis adaptado ao coche) e Félix Macías (que ten unha maneira de guindarse nos tramos que é impresionante).
Teño que dicir que votei de menos un par de pilotos, para min moi destacados, como Víctor Magariños e Javier Ramos, entre outros.
Sábado: comezamos o día ás sete da mañá. Estivemos no tramo de Rodeiro, nun medio rasante seguido por un cruce á esquerda. Era unha zona na que se deixaban apreciar as diferenzas entre pilotos e preparacións dos coches. Pena dos problemas mecánicos que tivo Ramiro na segunda pasada deste treito (fallo da bomba da gasolina), que lle causou a perda dun tempo moi valioso.
Pola tarde decantámonos polo treito de Saborida, no que estivemos nunha zona que podíamos ver moito tramo e así apreciar as diferenzas entre os pilotos de cabeza e mais as copas.
Non me esperaba a baixa participación na nova copa de traseiras, tanto tempo reclamando algo polo estilo, e cando se consegue non ten a penas seguimento por parte dos pilotos; tamén destacar a escasa participación na copa Racing Sport, que sería moi interesante para xente con coches 1.1 e 1.3 e llanta 13, sobre todo se as rodas foran algo máis económicas. Tal vez sería mais rentable unificar a copa de traseiras e a de históricos (esta última no pasado Rallye Serra da Groba tivo unha gran acollida), pero só é a opinión dun mero afeccionado.
Sorprendeume moito ver a Alberto López Belón fora da copa Top Ten Pirelli.
Dende aquí gustaríame mandarlle moito ánimo a Álvaro Méndez, que non leva unha racha moi boa e a verdade, merécese o mellor. Moito ánimo figura!!
Non me podo despedir deste comentario sobre o Rallye de Lalín sen antes darlle a enhoraboa ao piloto e amigo Pablo Silva pola magnífica carreira que fixo.
E como non, felicitar a Alba López e Juan Maceda con un: “Tres de Tres”; e a seguir así chicos.
Por último darlle as grazas a toda a xente de Anilla Racing por ofrecerme esta oportunidade e facerlles saber que poden contar comigo en vindeiras ocasións. Grazas. Un saúdo e vémonos nas cunetas.
 


Desde a cuneta !!!!! Por: Anxo Silva Miras .

Novo apartado da Web penso que e necesario que tanto pilotos como afeccionados teñan dereito a facer unha critica do rallye así como da xente que participou nel .
O rallye prevíase ben xa que volvían o rallye os tramos de O Pino e Touro e aparecían as variantes de Xirimbao, Sarandon e Araño, volvía tamén a proba o parque péchao en Area Central ( onde se facía antigamente) .
Vamos empezar falando do parque pechado xa que finalmente non foi posible facelo en area central e tiveron que trasladalo a o multiusos do sar sei que seria unha tolería ter o parque pechado na praza do obradoiro durante todo o rallye , pero a meta do rallye penso que debería ser alí e mais con este formato de dous dias tendo o domingo boa parte da tarde os coches expostos no centro da cidade e acercando o rallye os Santiagueses .
Vamos ca parte deportiva: Sorprendeu ver a Alberto Otero na saída do rallye de Santiago co vehículo de Luís vilariño o cal non se quedaba atrás e salia co Porsche de Sergio Vallejo, Luís salia o rallye e facía un rallye de menos a mais e calaba moitas malas linguas. Outros cambios de vehículos que destacaban era Pedro Burgo a os mandos do sierra coswort , Jose Pose a os mandos dun Mitsubishi e Carlos Couto a bordo dun Subaru Impreza (Pena de non velo toda a temporada) .

Victor Senra gañaba nun bo rallye para el, perseguindo por Luís Vilariño . Alberto Lopez “Panizzi” daba a sorpresa ocupando o caixón mais baixo do podium. Destacar tamén a Celestino Iglesias 6º , Felix Pazos 8º nun rallye que hasta hoxe se lle atragantaba , Jose Pose 10º de menos a mais no evo , e o Ibiza Cupra 11º (¿Será a hora de facer un copa para os 1.9 Turbo en Galicia? ).
Impresionante o resultado de Heriberto Atan que sen saír desde Noia facía moi bos tempos e clasificabase 1º do volante racc outro que tiña falta de inactividade era Alvaro Figueira que ganaba a Kumho. Sergio Pereiras piloto rápido que sempre destaca e hasta o seu accidente estaba deixando claro que con un modesto Clio Sport Gr.N pódense facer bos resultados.

As copas : Na top ten Alberto Lopez levaba de calle perseguido moi de cerca por Couceiro que gañaba entre os 2rm perseguidos por Bermudez e Silva .
Destacable o papel de Heriberto Atan na racc (pena que non corra toda a temporada) perseguido moi de cerca por Jose Manuel Pazos e por Iago Silva ( Subcampión da Racc e Campión da Júnior).
Saltaron chispas na Kumho entre Guerreiro e Lorenzo Lopez este ultimo proclamándose campión, pero a vitoria neste rallye ía parar as mans de Alvaro Figueira seguido de Guerreiro de Domingo Molinos.
Nos “pequenos” Borja Vila voaba baixo por Santiago acompañando no podium Manuel Freire e Guillermo Martiñez que volvía a dentro de un habitáculo con Guillermo Vilavedra pero desta vez cambiaban os papeis .
Entre os Históricos Celso Freire levábase a vitoria con Javier Garcia e Anxo Valiño por detrás unha pena a falta de xente nesta copa podía estar moi interesante ver unha lista con 10 vehículos destas características no campionato Galego.

Un piloto que se merece unha mención e Dani Castro “Chapista” que esta atravesando unha enfermidade, pero que collía forzas e salia a este rallye a os mandos do seu Citroën C2 R2, comunicaban desde o equipo que solo salia o 1º dia pero penso que despois dos primeiros tramos fixo todo o que estaba na súa man para saír o domingo abandonaba despois de primeira pasada por Xirimbao. ANIMO CHAPISTA ANILLA RACING ESTA CONTIGO !!!!!!!





Por a miña parte nada mais quen queira escribir unhas liñas para vindeiras carreiras neste novo apartado que se poña en contacto con nos mediante o noso Facebook ( Anilla Racing ) ou mediante anilla.racing@gmail.com.
 








 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis